24symbols estrea aplicación para iPad

mércores, 27 de xullo do 2011 Marcus Fernández

A plataforma 24symbols, coñecida coma o Spotify dos libros, leva un tempo en fase de probas, pretendendo chegar a ter un total de 20.000 títulos no seu catálogo antes de rematar o ano, e para facilitar o acceso aos textos veñen de estrear unha aplicación de balde para o iPad.
Nun principio 24symbols ofrece o seu catálogo de balde para a súa consulta en liña e con publicidade, aínda que é posible facerse subscritor de pagamento (a 9,99 euros/mes, 19,99 euros/trimestre ou 59,99 euros/ano) de xeito que non só é posible prescindir da publicidade, senón que tamén posibilítase a lectura dos libros sen conexión á Internet, o que resulta especialmente práctico no iPad, que operaría así como un eReader tradicional.
A aplicación de 24symbols para iPad permite localizar as distintas obras en catálogo a través de distintas categorías e nunha selección de novidades, carecendo polo momento de buscador , e funcionando a aplicación só en vertical, polo que aínda tería que mellorar bastante para estar a altura doutras ferramentas de lectura, pero o atractivo da súa oferta fai que a tolerancia aos erros por parte do usuario sexa moi superior á presentada ante outras aplicacións.

PUBLICIDADE