24symbols estrea aplicación para iPad
mércores, 27 de xullo do 2011
A plataforma 24symbols, coñecida coma o Spotify dos libros, leva un tempo en
fase de probas, pretendendo chegar a ter un total de 20.000 tÃtulos no seu
catálogo antes de rematar o ano, e para facilitar o acceso aos textos veñen de
estrear unha aplicación
de balde para o iPad.
Nun principio 24symbols ofrece o seu catálogo de balde para a súa consulta en
liña e con publicidade, aÃnda que é posible facerse subscritor de pagamento (a
9,99 euros/mes, 19,99 euros/trimestre ou 59,99 euros/ano) de xeito que non só é
posible prescindir da publicidade, senón que tamén posibilÃtase a lectura dos
libros sen conexión á Internet, o que resulta especialmente práctico no iPad,
que operarÃa asà como un eReader tradicional.
A aplicación de 24symbols para iPad permite localizar as distintas obras en
catálogo a través de distintas categorÃas e nunha selección de novidades,
carecendo polo momento de buscador , e funcionando a aplicación só en vertical,
polo que aÃnda terÃa que mellorar bastante para estar a altura doutras ferramentas
de lectura, pero o atractivo da súa oferta fai que a tolerancia aos erros por
parte do usuario sexa moi superior á presentada ante outras aplicacións.