30.000 euros por publicar na Internet vÃdeos pornográficos da súa ex-moza
martes, 7 de outubro do 2008
Un mozo de 23
anos aceptou pagar
30.000 euros de indemnización por publicar na Internet vÃdeos pornográficos da
súa ex-moza, para evitar ter que enfrontarse a un xuÃzo en Sevilla
no que a FiscalÃa pedÃa para el 4 anos e 3 meses de cadea por un delito de
revelación de segredos.
Os feitos denunciados inicialmente partiran da gravación voluntaria de vÃdeos
da moza espida e practicando o sexo, pero trala rotura da parella, o acusado
decidiu publicar as imaxes na Internet a xeito de vinganza, e mesmo as remitiu
á nova parella da rapaza.
Os vÃdeos difundÃranse a través de páxinas web e do eMule, pero ao chegar a un
acordo económico, a denunciante retirou as accións penais, polo que o acusado
non se enfrontará á cadea (aÃnda que a indemnización para a vÃtima pasou dos 6.000
euros que pedÃa a fiscalÃa aos 30.000 que pagou o acusado).