Román Rodríguez visita ás instalacións da Axencia Galega de Innovación

martes, 30 de abril do 2024 Redacción

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe as instalacións da Axencia Galega de Innovación (GAIN) para coñecer os seus equipos e funcionamento tras a incorporación da mesma ao seu departamento. Durante o percorrido xunto á nova directora, Carmen Cotelo, o titular de Educación reafirmou o seu compromiso co talento do I+D+i galego, co obxectivo de situar Galicia como un referente no eido da investigación e ciencia.
O representante da Xunta de Galicia estivo acompañado polo secretario xeral técnico, Manuel Vila, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez. Con este último departamento, destacou Román Rodríguez, traballarase para potenciar as sinerxías existentes coa Axencia Galega de Innovación.

Rodríguez estivo acompañado pola directora de GAIN na súa visita

PUBLICIDADE