7 empresas reincorpóranse ao Cluster TIC Galicia

martes, 30 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Cadea de montaxe de Blusens en Santiago de Compostela

Hai uns meses o Cluster TIC de Galicia estivo sumido nunha especie de revulsivo cunha sucesión de anuncios de asociacións e empresas que abandonaban o ente, e agora parece que a auga comeza a volver ao rego, e Blusens, xunto con Alba Technology, Altia, HP, Idom, Satec e Vodafone anuncia a súa reincorporación ao Cluster, para xuntar forzas na captación de recursos e desenvolver proxectos que supoñan a creación de valor para empresas do sector TIC galego.
Dende Blusens aseguran xogar un papel fundamental para dar un pulo á comercialización de produtos tecnolóxicos galegos nos mercados internacionais.

PUBLICIDADE