7 empresas reincorpóranse ao Cluster TIC Galicia
martes, 30 de outubro do 2012
- Cadea de montaxe de Blusens en Santiago de Compostela
Hai uns meses o Cluster TIC de Galicia estivo sumido nunha
especie de revulsivo cunha sucesión de anuncios de asociacións e empresas que
abandonaban o ente, e agora parece que a auga comeza a volver ao rego, e
Blusens, xunto con Alba Technology, Altia, HP, Idom, Satec e Vodafone anuncia
a súa reincorporación ao Cluster, para xuntar forzas na captación de
recursos e desenvolver proxectos que supoñan a creación de valor para empresas
do sector TIC galego.
Dende Blusens aseguran xogar un papel fundamental para dar un pulo á
comercialización de produtos tecnolóxicos galegos nos mercados internacionais.