9 empresas de Ineo recibirán cadanseus certificados ISO
xoves, 15 de xullo do 2010
O auditorio da Zona Franca de Bouzas, en Vigo, dará acollida
hoxe á entrega dos certificados de ISO 20000 e ISO 27001 relacionados cos
sistemas de seguridade da información a 9 empresas pertencentes á asociación
Ineo, unha entidade referente no sector das novas tecnoloxÃas do noso paÃs que
concentra os seus esforzos en levar ao empresariado galego de máis de 80
empresas a competir nunha economÃa global, fomentando a innovación nos seus
negocios a partir do emprego das TIC.
O acto de entrega
contará coa presenza de Jorge Cebreiros Arce, director de Ineo e co delegado de
Galicia de EQA, Javier López, quen fará entrega de cadanseus certificados ISO
20000 e ISO 27001 ás empresas de Ineo que mellor optimizaron os seus sistemas
de seguridade da información nos últimos anos.
O Certificado ISO 20000 é unha norma que describe un
conxunto integrado de procesos e un enfoque de xestión para a provisión
efectiva de servizos de TI a clientes internos ou externos; mentres que a
ISO 27001, é unha norma que desenvolve
un modelo para o establecemento, implementación e mellora dun Sistema de
Xestión de Seguridade da Información en calquera tipo de organización.
A European Quality Assurance (EQA), a encargada de
certificar a actividade destas empresas, é unha entidade de Certificación de
Sistemas de Xestión, Verificación Medioambiental, Marcado CE (Directiva de
produtos da construcción) e Proxectos e Xestión de I+D+i, fundada en Gran
Bretaña no 1993.