20minutos.es propón a celebración dun debate na Internet entre Zapatero e Rajoy
mércores, 9 de xaneiro do 2008
O xornal dixital 20minutos.es (terceiro medio
xeralista on-line en España) pediu
oficialmente ó PSOE e ó PP que os seus respectivos candidatos á presidencia do
Goberno realicen na Internet un debate
aberto a tódolos medios en liña complementando asà ós 2 debates televisivos
xa acordados polos partidos.
Esta iniciativa serÃa revolucionaria en España, e seguirÃa os pasos
doutras semellantes nos EE.UU., como a colaboración entre
YouTube e a CNN para os debates nas eleccións primarias norteamericanas, e
xa conta con numerosos
apoios, pois ata o momento xa amosaron o seu interese en participar no
potencial debate Terra (transmitirÃa o debate a través de TerraTV), Twitter (que
porÃan unha plataforma para que os internautas puidesen remitir preguntas ós
polÃticos), TV3, La Vanguardia, Público, El Periódico de Catalunya, Canarias 7,
Bottup,
2alcuadrado e numerosos blogs.
Esta proposta serÃa moi interesante para situar a polÃtica española na Internet
dun xeito decisivo, que consolidarÃa o uso das TIC por parte dos partidos polÃticos,
que non dubidan en achegarse a YouTube, a Facebook ou a programas de televisión
coma Tengo
una pregunta para usted, polo que a oportunidade
dun debate 2.0 non se deberÃa deixar pasar.