50 estudantes poderán ser tecnolólogos por un día

luns, 1 de abril do 2024

A AMTEGA vén de poñer en marcha a décima edición do programa Tecnólog@ por un día, que ofrece aos estudantes de secundaria e bacharelato a oportunidade de formar parte dunha xornada laboral dunha empresa tecnolóxica.
Esta nova edición conta con 48 prazas dispoñibles para visitar o Centro GaiásTech ou as instalacións das empresas TIC que colaboran coa iniciativa: Altia, Bahía Software, DXC Technology, NTT DATA, Quobis e Duacode.
Tecnlóg@ por un día é unha actividade lúdica e interactiva que permite a rapaces e rapazas de 12 a 17 anos coñecer o funcionamento dos centros de traballo das empresas tecnolóxicas galegas, achegarse a proxectos reais e tomar contacto coas novas profesións dixitais da man do persoal experto destas compañías.
Os centros educativos, a través do seu persoal docente, serán os encargados de solicitar a inscrición dos mozos e mozas con interese en converterse en tecnólog@s por un día; e o prazo de inscrición estará aberto até o vindeiro 9 de abril.

PUBLICIDADE