31 anos despois da súa morte Elvis estrea reprodutor multimedia

mércores, 6 de agosto do 2008 Marcus Fernández

A competencia entre os reprodutores de MP3 é moi dura, e para poder sobrevivir no mercado hai que destacar, polo que ZVUE anuncia o lanzamento dunha versión especial do seu JourneyDAP de 1 Gb (ampliable a 5 Gb mediante unha tarxeta microSD), que se venderá agora con contidos precargados de Elvis Presley.
Así, este reprodutor cunha pantalla de 2,4 polgadas, sintonizador de radio FM, gravadora de voz, visor de fotografías e lector de texto se venderá a 49,88 dólares nos EE.UU. incluíndo 10 vídeos con actuacións clásicas de Elvis (5 do seu concerto de regreso en 1968 e 5 de Aloha From Hawaii).
O reprodutor chegará ás tendas o vindeiro día 12, coincidindo coa Semana de Elvis en Graceland e o lanzamento en DVD e Blu-ray de Elvis: Viva Las Vegas (un documental sobre o Rei).

PUBLICIDADE