Os influentes terán que someterse á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual

martes, 30 de abril do 2024 Marcus Fernández

Imaxe da convocatoria de prensa tras o Consello de Ministros

O Consello de Ministros aprobou o real decreto que establece por primeira vez os requisitos para regular aos influentes para cumprir coa Lei Xeral de Comunicación Audiovisual aprobada en 2022.
Esta regulación dá maior protección aos consumidores e maior seguridade xurídica nun ámbito que cada vez ten maior importancia e un maior volume económico. O decreto determina que os usuarios de especial relevancia (os influentes) serán os que teñan uns ingresos anuais superiores aos 300.000 euros derivados do conxunto da súa actividade audiovisual e os que superen o millón de seareiros nunha única plataforma de intercambio de vídeos, ou dous millóns de seareiros no global da súa actividade, e que publicaran ou compartirán un mínimo de 24 vídeos ao ano. Estes influentes deberán inscribirse no Rexistro Estatal de Prestadores Audiovisuais como usuarios de especial relevancia.
Unha vez inscritos no rexistro, os influentes terán que cumprir coa normativa en materia de protección de menores e de publicidade no ámbito audiovisual, como identificar os espazos publicitarios e non facer publicidade de tabaco, medicamentos ou alcol, ou sexa, que as súas obrigas homologaranse ao do resto de axentes audiovisuais.

PUBLICIDADE