1 millón de unidades do iPhone 3G vendidas na súa primeira fin de semana
martes, 15 de xullo do 2008
Apple anunciou
que durante a pasada fin de semana (venres incluÃdo) se terÃan vendido en 21
paÃses do mundo 1
millón de unidades do iPhone 3G, de xeito que se acadou a grande
velocidade un volume de vendas que coa anterior versión o móbil de Apple
tardaron 74 dÃas en conseguir.
Ademais, a AppStore, sistema de descargas de aplicacións para o iPhone, tamén
terÃa achegado 10
millóns de descargas na súa primeira fin de semana, aÃnda que cómpre
precisar que boa parte destas descargas son de balde. Esta plataforma pretende
replicar iTunes, de xeito que incluso permite a compra e descarga de
aplicacións directamente dende o móbil (facendo moi doada a súa incorporación
ao terminal).
Se ben das cantidades anunciadas para a AppStore non parece haber dúbidas,
sobre a cantidade de móbiles vendidos algúns analistas apuntan que a
cantidade poderÃa resultar enganosa, e incluÃr terminais encargados
que aÃnda non chegaron ao seu usuario final, pois en moitos paÃses hai
problemas de abastecemento do iPhone 3G, entre os que está España onde, a falta
de cifras oficiais, se estima que se puxeron á venda so 10.000 unidades, das
que 2.000 se venderÃan na tenda insignia
madrileña, de xeito que moitos establecementos quedaron sen unidades ou
recibiron unha cantidade simbólica.
De todos os xeitos, a estrea do iPhone 3G parece ser todo un éxito, e incluso
hai quen estima que a demanda de terminais triplica á oferta actual, polo que o
móbil de Apple rematará o verán cunhas vendas considerables para un terminal de
alta gama.