Sea of Thieves chega finalmente a PS5

martes, 30 de abril do 2024 Marcus Fernández

Un dos grandes xogos de Xbox desenvolvido por Rare, Sea of Thieves, que xa contaba con máis de 40 millóns de xogadores, dá hoxe un grande salto ao estrear versión para PlayStation 5, co detalle de que permite o xogo cruzado con Xbox e PC, de xeito que pode xuntar a unha grande masa de xogadores dentro deste mundo virtual que hoxe mesmo tamén estrea a súa 12ª tempada.
Este xogo de 2018 leva moitas actualizacións que enriqueceron a experiencia de converterse nun pirata que saquear tesouros perdidos, participar en intensas batallas, enfrontarse a monstros mariños e moito máis, permitindo agora que os propietarios dunha consola de Sony non estean alleos a esta épica aventura que pode adquirirse por 39,99 euros na súa edición estándar, aínda que tamén pode adquirirse en versións Deluxe e Premium por 49,99 e 59,99 euros respectivamente (que basicamente inclúen contidos adicionais).

PUBLICIDADE