10º aniversario do dominio google.com

luns, 17 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Bernardo Hernández será o novo director de xeomarketing de Google

O pasado sábado o dominio de Internet google.com cumpriu 10 anos, e fora o nome elixido por Larry Page e Sergey Brin para representar o seu sistema de indexación de páxinas web inspirado no número googol (10100), e que non tardaría en converterse no buscador de referencia na Internet.
Resulta abraiante que en tan pouco tempo unha compañía conseguise converterse nunha das empresas máis importantes do mundo, que revolucionou en numerosas ocasións o xeito de entender a web, tanto co seu buscador coma con outros servizos (Gmail, Google Maps, Google Earth, Blogger, etc.).
Coincidindo co aniversario do dominio google.com tamén podemos celebrar a incorporación dun español á cúpula norteamericana de Google, xa que Bernardo Hernández, que viña a ser o director de marketing de Google en España pasará a ser o director de xeomarketing a nivel global, de xeito que terá que enfrontar o reto de definir as estratexias de produtos coma Google Maps e a súa explotación comercial.
Hernández (a quen puidemos ver o pasado ano en Compostela durante as xornadas de Enredad@os) destaca habitualmente a boa posición de Google en España (onde ten unha penetración do 98%) e pretende continuar a achegar unha visión internacional na sede californiana da súa empresa.
O xornal ADN publica na Internet un vídeo no que entrevistan a este excelente profesional:

PUBLICIDADE