A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación para o mes de maio

mércores, 17 de abril do 2024 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro anunciou novos cursos de formación en novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para o mes de maio. As inscricións para poder participar están abertas e deben formalizarse a través da Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.
A primeira das formacións que se vai impartir é a de Impresión 3D con Tinkercad, que se vai desenvolver entre o 6 e o 9 de maio de 10.00 a 12.00 horas; tamén se vai impartir un curso de Deseño 3D con Sketchup entre o 13 e o 16 de maio de 10.00 a 12.00 horas.
Entre o 20 e o 23 de maio vaise levar a cabo a formación en Deseño gráfico-vectorial con Inkscape no horario de 10.00 a 12.00 horas; e do 27 ao 30 de maio está programado o curso de Retoque de fotografías con GiMP no mesmo horario, de 10.00 a 12.00 horas.
As inscricións están abertas e poden facerse a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org; o teléfono 981 84 26 35 ou o móbil 629 769 139.

PUBLICIDADE