10º aniversario do dominio google.com
luns, 17 de setembro do 2007
- Bernardo Hernández será o novo director de xeomarketing de Google
O pasado sábado o
dominio de Internet google.com
cumpriu 10 anos, e fora o nome elixido por Larry Page e Sergey Brin para
representar o seu sistema de indexación de páxinas web inspirado no número googol (10100), e que non
tardaría en converterse no buscador de referencia na Internet.
Resulta abraiante que en tan pouco tempo unha compañía conseguise converterse
nunha das empresas máis importantes do mundo, que revolucionou en numerosas
ocasións o xeito de entender a web, tanto co seu buscador coma con outros
servizos (Gmail, Google Maps, Google Earth, Blogger, etc.).
Coincidindo co aniversario do dominio google.com
tamén podemos celebrar a incorporación dun español á cúpula norteamericana de
Google, xa que Bernardo Hernández, que viña a ser o director de marketing de Google en España pasará
a ser o director de xeomarketing a
nivel global, de xeito que terá que enfrontar o reto de definir as
estratexias de produtos coma Google Maps e a súa explotación comercial.
Hernández (a quen puidemos ver o pasado ano en Compostela durante as xornadas de Enredad@os)
destaca habitualmente a boa posición de Google en España (onde ten unha
penetración do 98%) e pretende continuar a achegar unha visión internacional na
sede californiana da súa empresa.
O xornal ADN publica na Internet un
vídeo no que entrevistan a este excelente profesional: