A exposición que conmemora o centenario de Telefónica inaugúrase no Vello Cárcere de Lugo

venres, 19 de abril do 2024 S. P.

O Vello Cárcere de Lugo acolle este venres 19 de abril a inauguración da exposición organizada pola Asociación Sénior de Telefónica en Lugo con motivo da conmemoración do centenario da compañía. A mostra está composta por 170 fotografías, equipos e materias que percorren os 100 anos de Telefónica na provincia. Na apertura da exhibición participou o deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández.
Pódese visitar ata o 3 de maio no Centro Sociocultural da capital lucense, e forma parte dos actos de conmemoración que organiza o colectivo, e aos que se sumou a Deputación de Lugo. A institución provincial achega 3.000€ ao colectivo, que celebrará o vindeiro 26 de abril en Lugo unha Xuntanza do Noroeste Galicia-Asturias.

PUBLICIDADE