TikTok Lite suspende o seu programa de recompensas

mércores, 24 de abril do 2024 Marcus Fernández

Tras o anuncio da Comisión Europea da apertura dun procedemento formal contra TikTok en virtude da Lei de Servizos Dixitais tras o lanzamento dun programa de recompensas dentro de TikTok Lite sen ter comunicado anteriormente un informe de avaliación de riscos, e en cumprimento das ordes da Comisión (aínda que asegurando que fan tal voluntariamente) suspenden o programa de recompensas de TikTok Lite.
Dende a Comisión Europea había unha grande preocupación polo novo programa, pois non podemos esquecer que TikTok xa ten unha investigación aberta por posibles incumprimentos da Lei de Servizos Dixitais, e o feito de que a compañía avance máis en condutas que poderían supor un perigo para os menores de idade e propiciar condutas aditivas percíbese polos reguladores como unha actitude irresponsable e contraria á lexislación europea, o que probablemente remate traducíndose en importantes sancións que se anunciarían, como moi cedo, dentro dun ano.

PUBLICIDADE