2017 poderÃa ser o ano no que Twitter pemita editar os chÃos
venres, 30 de decembro do 2016
Dende os inicios de Twitter hai unha caracterÃstica que os
usuarios veñen demandando, a posibilidade de editar os seus chÃos, e nos
últimos meses dentro do sector tecnolóxico dicÃase a xeito de broma que tal
prestación rematarÃa sendo posible grazas á mediación de Kim Kardashian, quen mandou un
correo electrónico a Twitter hai ano e medio pedindo tal caracterÃstica na
plataforma social, para poder corrixir erratas sen ter que borrar e republicar
un chÃo.
Pero se que o pedira unha celebridade con preto de 50 millóns de seareiros en
Twitter non era dabondo, agora temos que un dos co fundadores da compañÃa, Jack Dorsey,
preguntou que serÃa o que os usuarios queren que se mellore ou engada a Twitter
en 2017, e a resposta foi masiva e unánime, ao que Dorsey respondeu que é a
funcionalidade máis demandada dende sempre, pero que están a estudar como
abordala, para principalmente permitir que simplemente poida utilizarse para
corrixir rapidamente un erro, e non para cambios en calquera momento, que
poderÃan ser moi problemáticos, xa que abrirÃan a porta a abusos
(principalmente para difundir falsidades ou para deturpar conversas).
A conversa de Dorsey cos usuarios de Twitter non significa que a edición de
chÃos vaia poder realizarse de xeito inminente, pero dados os moitos cambios
que está a experimentar a plataforma podemos entender que será posible en
poucos meses, mentres que o segundo tema sobre o que Twitter recibe máis
comentarios será bastante máis complicado que atopen unha solución efectiva, xa
que trátase na loita contra o acoso, o que está a converterse nun xigantesco
problema de imaxe para Twitter (que poderÃa estar a dificultar que a compañÃa
atope comprador).