21 Buttons prepara o seu desembarco nos EE.UU.

xoves, 5 de xullo do 2018 Marcus Fernández

A startup barcelonesa 21 Buttons leva dende 2015 conseguindo captar moitas miradas, xa que a súa aplicación móbil permite aos seus usuarios tanto descubrir vestimentas de influencers como tirar proveito económico de compartir os conxuntos de roupa amosados, xa que os buttoners levan unha comisión das vendas que a aplicación facilita.
Esta curiosa proposta non só atrae a preto de 2 millóns de usuarios ao mes en España, Italia, Alemaña e Reino Unido, senón que tamén está a resultar atractiva para os investidores, de aí que conseguisen pechar unha ronda de financiamento de 17 millóns de dólares co que pretenden manter a súa expansión europea e dar un prometedor salto aos EE.UU.
En total 21 Buttons xa conseguiu captar un total de 30,7 millóns de dólares de financiamento, deixando claro que este tipo de iniciativas resultan moi interesantes para os mercados, moi pendentes das plataformas sociais que trunfan entre a mocidade e teñen un grande potencial de crecemento global.

Anuncio de 21 Buttons

PUBLICIDADE