22 proxectos empresariais vinculados ás industrias culturais e as TIC na 5ª edición do coworking de Santiago
mércores, 12 de febreiro do 2020
Comeza na Cidade da Cultura a quinta
edición do coworking de Santiago de Compostela, organizado pola ConsellerÃa
de EconomÃa, Emprego e Industria en colaboración coa Escola de Organización
Industrial (EOI) e o Centro de Emprendemento Creativo do Gaiás, onde os
promotores de 22 iniciativas de emprendemento recibirán formación, asesoramento
e titorÃa durante os próximos cinco meses na posta en marcha das súas iniciativas
empresariais.
As actividades dos 22 emprendedores -17 mulleres e 5 homes-
que participan na aceleradora compostelá centraranse no sector cultural e as
TIC, nos que está especializado este espazo. AsÃ, entre as iniciativas,
inclúense proxectos de deseño e produción de produtos artesanais, deseño de
xoierÃa creativa, fotografÃa e dirección creativas, ilustración, posta en valor
do patrimonio galego, turismo e ensino e asesoramento en distintos ámbitos.
Durante a súa estancia no Centro de Emprendemento Creativo
do Gaiás (CEM), poderán tamén acceder aos recursos técnicos e formativos deste
espazo e da programación anual da Cidade da Cultura en torno ao emprendemento,
ademais de aproveitar para crear redes de contactos con preto dun centenar de
emprendedores residentes no CEM, na procura de sinerxÃas e oportunidades de
negocio.
Nos vindeiros dÃas darán comezo tamén as accións de
formación e asesoramento no resto de espazos coworking da rede impulsada pola
Xunta, que nesta edición contará con tres novas aceleradoras relacionadas con
actividades especÃficas. AsÃ, a do Ribeiro, situada no concello ourensán de
Cenlle, promoverá a agroalimentación, o turismo rural e a economÃa circular,
mentres que a aceleradora de Palas de Rei (Lugo) se centrará no Camiño de Santiago
para fomentar o emprendemento na ruta xacobea. O espazo que se abrirá no
Morrazo, en Moaña, impulsará a procura de novas oportunidades a emprendedores e
empresarios relacionados co sector naval.
As novas aceleradoras súmanse ás xa en funcionamento en
edicións anteriores, abertas na Mariña lucense (con sede en Mondoñedo); A
Ribeira Sacra (Monforte de Lemos); Terras da Limia (Celanova); A Costa da Morte
(Cabana de Bergantiños); Santiago de Compostela; Ferrolterra (CIS Galicia en
Ferrol) e O Salnés (Vilanova de Arousa).
A rede de espazos coworking promovida pola Xunta a través do
IGAPE e a EOI forma parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as
aceleradoras que apoia a Administración autonómica. Dentro desta plataforma de
apoio integral desenvólvense as business factories e outras aceleradoras
como Agrobiotech, ViaGalicia, Galicia Open Future e Connecting For Good
Galicia.
Ademais desta iniciativa, a ConsellerÃa de EconomÃa,
Emprego e Industria pon a disposición dos emprendedores instrumentos de apoio
que inclúen axudas directas habilitadas a través de programas como Galicia
Emprende ou Galicia Rural Emprende, préstamos directos no marco do programa de
Instrumentos Financeiros Innovadores, ou o financiamento a través de fondos de
capital risco como Galicia Iniciativas Emprendedoras que coordina XesGalicia.