13 concellos lugueses adiantaranse ao apagamento analóxico
mércores, 9 de decembro do 2009
O apagamento
analóxico está cada vez máis preto, e algunhas rexións galegas van adiantarse,
de xeito que o 29 deste mes teremos coma Becerreá, Navia e Pedrafita deixarán
de recibir o sinal analóxico da televisión, tendo que optar pola TDT para ver a
televisión a través da data indicada. O 18 de xaneiro na provincia de Lugo
tamén cesarán as emisións analóxicas da televisión en Muras, O Vicedo, Bóveda,
Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao
e Sober, segundo anunciou
o pasado venres Rafael Chávare, voceiro de Red.es, quen asegurou que a
provincia luguesa está preparada para a transición á TDT.
AÃnda que en setembro máis do 84% dos fogares dos concellos sinalados xa
estaban adaptados á TDT, os representantes das distintas Administracións
Públicas admiten que un 2% dos usuarios poderÃan ter problemas de cobertura,
para o que tomaron distintas medidas que en último termo chegarÃan por optar
pola recepción da televisión a través de satélite.