13 concellos lugueses adiantaranse ao apagamento analóxico

mércores, 9 de decembro do 2009 Marcus Fernández

O apagamento analóxico está cada vez máis preto, e algunhas rexións galegas van adiantarse, de xeito que o 29 deste mes teremos coma Becerreá, Navia e Pedrafita deixarán de recibir o sinal analóxico da televisión, tendo que optar pola TDT para ver a televisión a través da data indicada. O 18 de xaneiro na provincia de Lugo tamén cesarán as emisións analóxicas da televisión en Muras, O Vicedo, Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober, segundo anunciou o pasado venres Rafael Chávare, voceiro de Red.es, quen asegurou que a provincia luguesa está preparada para a transición á TDT.
Aínda que en setembro máis do 84% dos fogares dos concellos sinalados xa estaban adaptados á TDT, os representantes das distintas Administracións Públicas admiten que un 2% dos usuarios poderían ter problemas de cobertura, para o que tomaron distintas medidas que en último termo chegarían por optar pola recepción da televisión a través de satélite.

PUBLICIDADE