Política Lingüística achega 270.000 euros a 30 proxectos de escrita de guións para filmes e series

venres, 19 de abril do 2024 S. P.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta fixo pública a resolución da convocatoria de subvencións para a escrita de guións audiovisuais, unha nova liña de apoio ao sector lanzada por primeira vez este ano e a través da que o Goberno galego outorga 270.000 euros a 30 proxectos orixinais ou de adaptacións literarias que teñen como destino a produción de longametraxes cinematográficas ou de series para televisión e novas plataformas.
Na modalidade de autoría novel, destinada a persoas que están a iniciar a súa traxectoria profesional no ámbito da escrita audiovisual, concedéronse 70.000 euros repartidos entre 10 proxectos. Trátase de A cinco segundos, de Ana Pico García; Viaxe ao bosque esquecido, de Noelia Muíño González; Damero maldito, de Clara Coira Suárez; Anatomía dunha onda, de Pedro Díaz López; Cando prende a cacharela, de José Carlos Illanes Puente; O lobo nunca pide perdón, de Miguel Conde Lobato; Chorima, de Alicia Úbeda Suárez; Candorca, de Heber Fernández Pérez; El capitán, de Álvaro Pinell Pacha; e Delgada ou morta, de María Barro Guntín.
Guionistas con experiencia acreditada No referente á modalidade de autoría non novel, dirixida a guionistas profesionais con experiencia acreditada na escrita para longametraxes ou series, a contía de 200.000 euros distribúese de xeito igualitario entre 20 proxectos.
Os títulos subvencionados son La historia entre tus piernas, de Raquel Nogueira Basalo; Monstros, de Nano López Moure; Guerra fría, de Enrique Otero; Los estudios, de Alba Araújo Pinto; Piso 13, de Roberto González Méndez; Toda miña, a saudade, de Alfonso de la Puente Vaquero; Febre, de Héctor Carré; Normal, de Lidia Fraga; Pendiente de un hilo, de Pedro Corredoira; A nena que quería ser Fred Astaire, de Olga Osorio; Happy funerals, de Fon Cortizo Vázquez; A7, de Santiago González Iglesias; Amparo, pero non Olvido, de Luis Miles; As almas perdidas, de Alexandre Cancelo Parcero; O mozo do peito ferido, de Carlos Piñeiro; Non corta o mar, senón voa, de Xacio Baño, La caja, de Xosé Morais; Corre comigo, de Chelo Loureiro; Cocho, de Jacobo García Fernández; e Frank Soutelo, investigador privado, de Chema Gagino.
O obxectivo desta nova liña de axudas é contribuír ao avance do audiovisual galego a partir dun investimento na base do sector, que está, en gran medida, na fase inicial de guión. Búscase así dar pulo a novos talentos e consolidar o apoio aos que xa teñen experiencia na escrita, ao tempo que se afianzan as fases previas dos proxectos cara ao desenvolvemento e produción de novos títulos que continúen na senda de éxitos e recoñecementos do audiovisual galego.

PUBLICIDADE