Samsung recupera a posición lÃder na venda de móbiles
luns, 15 de abril do 2024
Os últimos datos trimestrais sobre o mercado dos teléfonos móbiles manexados pola consultora IDC reflicten un incremento do sector do 7,8%, o que apuntarÃa cara a unha recuperación, aÃnda que as marcas experimentan estes cambios de xeitos moi desiguais.
Temos asà como Apple tivo unha caÃda na súa conta de mercado, quedando nun 17,3%, o que permitiu a Samsung recuperar o seu liderado co 20,8% das vendas trimestrais, aÃnda que ambas compañÃas caeron en vendas (en diferente medida). Temos asà que a caÃda de Samsung foi de só o 0,7%, mentres que Apple caeu un 9,6% en unidades vendidas, o que pode considerarse un duro golpe para a compañÃa da mazá.
Xa non sorprende ver a Xiaomi ocupar a 3ª posición mundial en vendas, cun 14,1% do mercado, aÃnda que o feito de rexistrar un crecemento do 33,8% é algo digno de mención, como tamén acontece co 4º fabricante a nivel mundial, Transsion, cunha conta de mercado do 9,9%, que sorprende polo seu impresionante crecemento do 84,9%, aÃnda que cómpre salientar que as súas marcas (como Tecno) carecen de distribución na meirande parte da Unión Europea.
Completa o Top 5 de IDC o fabricante chinés Oppo cun 8,7%, que pese a ter caÃdo un 8,5% en vendas, aÃnda ten bastante peso mundial, provocado principalmente pola relevancia na China.