AJE Ferrolterra organiza un obradoiro para forma ás empresas en ciberseguridade

venres, 3 de maio do 2024 S. P.

A seguridade cibernética é un tema cada vez máis relevante e para as empresas comeza a converterse nunha necesidade. Sabedores disto, a Asociación de Empresarios Novos de Ferrol, Eume e Ortegal (AJE Ferrolterra) organiza unha formación sobre Ciberseguridade encamiñada a PEMES e autónomos, que se levará cabo celebrar o vindeiro xoves, 9 de maio, das 16 ás 19 horas na súa sede.
A xornada contará coa participación de Pablo Rivera, director executivo (CEO) de 2ksystems, unha empresa líder na comarca especializada en servizos informáticos integrais para empresas. Rivera, cunha ampla experiencia no eido e personalizará os contidos do obradoiro para adaptalos ás necesidades específicas dos asistentes. Durante a formación, ensinaranse as ferramentas e coñecementos precisos para protexer ás empresas fronte ás ameazas dixitais, así como os principais vectores de ataque na actualidade. O obxectivo principal é que os participantes adquiran competencias sólidas na protección dos seus datos e os dos seus clientes, fortalecendo así a seguridade dos seus negocios na contorna dixital.
Engadir que a xornada será inaugurada por Martina Aneiros, delegada Territorial da Xunta en Ferrol, quen adicará unhas palabras aos/as asistentes salientando a importancia deste tipo de iniciativas no ámbito empresarial.
Dicir que para inscribirse nesta formación e obter máis información sobre o evento, pódese contactar con AJE Ferrolterra a través do seu correo electrónico info@ajeferrolterra.org ou na súa sede situada no Cantón de Molíns 8-9 Entrechan (Ferrol).

PUBLICIDADE