Os novos cursos de SmartPEME poñen o foco na ciberseguridade, en Arduino e en Instagram

luns, 22 de abril do 2024 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, a programación con Arduino e o manexo da rede social Instagram.
As accións formativas inícianse o luns, 22 de abril, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, que é o malware. Trátase dun obradoiro para dar a coñecer aos asistentes os diferentes tipos de ameazas tecnolóxicas e como detectar se un dispositivo está infectado. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.
O xoves 25, de 10:30 a 13:30 horas, desenvolverase o taller Programación con Arduino Módulo I – Parte II, onde Manuel Freire, seguirá afondando neste sistema de programación. E, finalmente, o venres 26 de abril, entre as 12:00 e as 13:00 horas, celebrarase o obradoiro Instagram para principiantes I a cargo de Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.

PUBLICIDADE