15 empresas TIC galegas recibirán cadanseus certificados ISO da man de AGESTIC
venres, 26 de novembro do 2010
O presidente de AGESTIC, José María López
Bourio, manifestou recentemente que as PEMES TIC galegas “valoran cada vez máis as vantaxes de obter certificacións UNE/ISO que
lles permitan mellorar os seus procesos e ser máis competitivas”.
Estas certificacións, tanto en calidade
como en servizos TI, veñen de converterse no factor diferencial entre as
compañías, e por elo AGESTIC pretende dar a coñecer as vantaxes de obter este
recoñecemento e facer que cada vez sexan máis as entidades do noso país que
acaden cadansúas certificacións de calidade ISO.
Neste senso, o vindeiro martes, 30 de
novembro, no marco do Plan Avanza, AGESTIC vai levar a cabo en Santiago de
Compostela un seminario no que mostrarlle ás empresas “como a ISO 20000 pode axudar ás súas organizacións”.
Neste acto, que dará comezo ás 10:30
horas no Centro ON de Compostela, entregaranse as acreditacións de AENOR ás 15
empresas que participaron no proxecto 2009-2010, para ser clausurado
posteriormente polo presidente de AENOR España, Manueol López Cachero e o
subdirector xeral da SXMIT, Jaime Barros Leboreiro.
O programa inclúe o relatorio da
consultora START UP, Milenka Macdowall e o de Jaime Barros Leboreiro,
subdirecgtor xeral de Calidade, Interop, entre outros.