Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Seguir a vida do web RSS 2.0

Declaración institucional con motivo do Día de Internet


O 17 de maio celébrase o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, coñecido tamén como o Día da Internet, e co gallo desta data tan especial a Xunta de Galicia publica a seguinte declaración institucional.

[ler máis]

O IES Carlos Casares de Vigo gaña a 3ª Liga Maker Drone


Deseñar, programar e voar un sistema sobre un dron para neutralizar niños de velutina foi o reto que tiveron que superar os máis de 170 estudantes participantes (un 50% deles, rapazas) da 3ª Liga Maker Drone, impulsada pola Fundación Barrié e o Centro Tecnolóxico de Galicia (ITG), cuxa xornada final de exhibición e Gran Final tivo lugar esta mañá na Coruña, á que asistiron máis dun milleiro de estudantes como espectadores.

[ler máis]

O Concerto das Letras Galegas, dispoñíbel nas canles do CCG e nas plataformas da CRTVG


A celebración do 17 de maio, Día das Letras Galegas arrincou coa décimo cuarta edición do Concerto das Letras Galegas, proposta musical e sonora do Consello da Cultura Galega (CCG) que este ano contou co apoio do Concello da Coruña. Foi un concerto que conciliou a faceta musical e literaria de Luísa Villalta e no que se estreou a ópera de cámara Concerto para un home só a partir da obra teatral homónima da homenaxeada e composta por Federico Mosquera.

[ler máis]

AGalega.gal permitíu seguir a gala de entrega dos Premios #DígochoEu


O equipo do DígochoEu rematou o curso entregando os seus III Premios escolares a seis vídeos sobre lingua que foron elixidos entre preto dun cento de traballos presentados por escolares de toda Galicia, na terceira convocatoria deste certame.

[ler máis]

Carnota celebra o Día dos Museos coa apertura do museo interactivo Caseta de Pepe do Cuco


A Caseta de Pepe do Cuco (Carnota), o primeiro museo mariñeiro totalmente automatizado de España, sumase á celebración do Día Internacional dos Museos abrindo as súas portas 24 horas seguidas en Lira (Carnota) este sábado 18 de maio. Trátase dunha antiga caseta de pescador que foi reformada para ofrecer unha experiencia diferente e atractiva para as persoas que a visiten, que poderán acceder ás instalacións durante as 24 horas do sábado 18 de maio utilizando como chave os seus móbiles e un código QR.

[ler máis]

Grand Theft Auto VI lanzarase no outono de 2025


A presentación de resultados económicos de Take-Two Interactive fai balance da situación dos seus distintos estudios de videoxogos e dos seus plans de lanzamento, deixando ver que teñen unha ampla carteira de xogos en desenvolvemento (40 para o período fiscal 2025-2027) destacando o feito de que para o agardado Grand Theft Auto VI, do que só se sabía que vería a luz en 2025, figura como previsto para o outono, deixando claro que non queren apresurarse e confórmanse con chegar a tempo para a campaña de Nadal.

[ler máis]

LG comercializa uns auriculares con membranas de grafeno e limpeza con luz ultravioleta


LG está a lanzar globalmente os seus novos auriculares sen fíos LG Tone Free T90S, deseñados para ofrecer un son de calidade, para o que aseguran que é unha peza chave que as súas membranas son de grafeno. O fabricante surcoreano tamén salienta que estamos ante os primeiros auriculares Dolby Atmos con soporte de Dolby Head Tracking (o que permite adaptar o son en función dos movementos da cabeza, conseguindo unha sensación de inmersión que sitúa ao oínte no centro).

[ler máis]

Os centros de investigación da UDC, referentes en innovación e transferencia de coñecemento


O secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; acompañado do vicerreitor de Investigación e Transferencia, Jerónimo Puertas; visitou hoxe o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), con motivo do seu recente recoñecemento como centro de excelencia dentro da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (Rede CIGUS).

[ler máis]

O VI Concurso de Podcasts-Radio na Biblio premia centros de Malpica, Cedeira, A Estrada, O Rosal, Santiago e Vigo


A Xunta de Galicia vén de recoñecer o traballo de seis centros educativos cos premios do VI Concurso de Podcasts-Radio na Biblio, que cada ano homenaxea ao autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas e desta volta pon o foco na figura da escritora, filósofa, violinista e activista coruñesa Luísa Villalta.

[ler máis]

Santiago homenaxea a Luísa Villalta cunha campaña participativa nas redes sociais


O Concello de Santiago sumouse este xoves 16 á celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio) e fíxoo coa lectura dunha declaración institucional que “reafirma o compromiso de todos os grupos políticos a prol do uso do galego na Administración municipal e da súa promoción na sociedade”. No acto, na que participaron os membros da Corporación, recoñeceuse tamén o legado da poeta coruñesa Luísa Villata cunha lectura dos seus poemas. Ademais, o Concello mantén activa a campaña Andei por Santiago/pisando estrelas coa que convida á veciñanza a compartir en redes sociais os seus recunchos favoritos de Compostela ao mesmo tempo que se pon en valor a obra da poeta homenaxeada.

[ler máis]

Seresco patrocina á campioa mundial de surf adaptado Carmen López


A compañía Seresco, especializada en solucións tecnolóxicas e transformación dixital de empresas e organismos públicos, vén de anunciar o patrocinio de Carmen López, surfeira ovetense que en 2023 proclamouse Campioa de España e Medalla de bronce no Campionato do Mundo de Surf Adaptado e que conta no seu palmarés con varias medallas de ouro e prata en campionatos nacionais, europeos e mundiais.

[ler máis]

A Deputación de Pontevedra creará unha app de Realidade Aumentada sobre as rías Baixas


O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este xoves 16 de maio un novo avance en materia de turismo para a provincia relacionado coas novas tecnoloxías na apertura da sexta xornada de TurisTIC. Trátase dunha aplicación móbil de Realidade Aumentada ambientada nas rías Baixas.

[ler máis]

Denuncian que Temu vulnera a lexislación europea


A organización que aglutina a múltiples asociacións de defensa dos consumidores a nivel europeo, BEUC, presentou hoxe unha denuncia ante as autoridade europeas contra a plataforma de comercio electrónico chinesa Temu por non protexer aos consumidores e facer uso de prácticas de manipulación consideradas ilegais en virtude da Lei de Servizos Dixitais (DSA) actualmente en vigor.

[ler máis]

A Comisión Europea inicia un procedemento formal contra Meta en relación á protección dos menores en Facebook e Instagram


A Comisión Europea anunciou a apertura dun procedemento formal para avaliar se Meta, o provedor de Facebook e Instagram, infrinxiu Lei de Servizos Dixitais (DSA) en áreas relacionadas coa protección de menores. A Comisión está preocupada polos sistemas, tanto de Facebook como de Instagram, incluíndo os seus algoritmos, que poden estimular adicións de comportamento nos nenos, así como crear os chamados efectos de tobo de coello.

[ler máis]

Balidea busca integrar grandes modelos da linguaxe en contornas sociosanitarias


A galega Balidea, dende a súa área de Innovación, leva anos indagando sobre os grandes desafíos da comunicación co mundo dixital, que pasan polo emprego da voz. Dende esta óptica busca achegar solucións que faciliten a interacción con persoas que teñen menos capacidades TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e facelo tamén para os idiomas con menos recursos no ámbito dixital, como é o caso do galego. É por iso que está a traballar na integración de grandes modelos da linguaxe en contornas específicas, como é a sociosanitaria.

[ler máis]

Emigración celebra o Día das Letras cun contacontos online para o mundo


A Secretaría Xeral da Emigración celebra este venres 17 de maio o Día das Letras Galegas con varias actividades dedicadas á cultura e lingua galega e á figura de Luisa Villalta, escritora á que se dedica esta celebración en 2024. Comezarán pola mañá cunha felicitación do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dedicada aos galegos do exterior aos que agradecerá “a súa implicación na promoción e difusión da cultura e a lingua galega nos diversos países nos que residen, e animará a seguir utilizando o galego entre a colectividade exterior”.

[ler máis]

Comeza un novo curso de capacitación dixital no Centro de Emprego dos Rosales da Coruña


O Concello da Coruña comezou esta semana un novo curso de capacitación dixital no Centro Municipal de Emprego dos Rosales. A formación encádrase na liña dos cursos postos en marcha polo Goberno de Inés Rey en materia dixital e TIC co obxectivo de “ampliar o coñecemento informático das persoas en situación de desemprego ou procedentes de colectivos vulnerábeis”.

[ler máis]

O Banco de Reciclaxe de ESF Galicia na Coruña organiza un obradoiro de soldadura electrónica


O Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF Galicia na Coruña, coordinado por Jorge Lama, organiza este mes de xuño unha actividade maker ao servizo da comunidade argalleira. Trátase do Taller do iniciación á soldadura electrónica, que se celebra o 14 de xuño na Domus da Coruña (no 91 da rúa Ángel Rebollo), organizado polo Banco en colaboración coa comunidade de Bricolabs e do propio Museo Domus. Celebrarase en horario de 17.00 a 20.00 horas.

[ler máis]

A Cámara de Santiago mostra como tirar proveito das principais ferramentas informáticas


A Cámara de Comercio de Santiago celebra a vindeira semana, o mércores 22 de maio en horario de mañá (de 10.00 a 11.30 horas), unha nova actividade gratuíta de transformación tecnolóxica ao servizo das pemes e persoas autónomas da demarcación. Trátase do seminario en liña Ferramentas de comunicación para mellorar e facer máis efectiva a relación cos nosos clientes, abeirado á iniciativa Kit Dixital da Cámara e a entidade estatal Red.es.

[ler máis]

A Aula TIC Pemes favorece con formación innovadora a inserción laboral dunha decena de persoas


O proxecto da USC no Campus de Lugo Troya-Mentoring, impulsado pola Aula TIC Pemes do Campus de Lugo co obxectivo de derrubar barreiras no ámbito laboral e mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual na provincia, chegou esta tempada á súa segunda edición formando a preto dunha decena de persoas desempregadas para que profunden no coñecemento interno das empresas.

[ler máis]


· Declaración institucional con motivo do Día de Internet

· O IES Carlos Casares de Vigo gaña a 3ª Liga Maker Drone

· O Concerto das Letras Galegas, dispoñíbel nas canles do CCG e nas plataformas da CRTVG

· AGalega.gal permitíu seguir a gala de entrega dos Premios #DígochoEu

· Carnota celebra o Día dos Museos coa apertura do museo interactivo Caseta de Pepe do Cuco

· Grand Theft Auto VI lanzarase no outono de 2025

· LG comercializa uns auriculares con membranas de grafeno e limpeza con luz ultravioleta

· Os centros de investigación da UDC, referentes en innovación e transferencia de coñecemento

· O VI Concurso de Podcasts-Radio na Biblio premia centros de Malpica, Cedeira, A Estrada, O Rosal, Santiago e Vigo

· Santiago homenaxea a Luísa Villalta cunha campaña participativa nas redes sociais

· Seresco patrocina á campioa mundial de surf adaptado Carmen López

· A Deputación de Pontevedra creará unha app de Realidade Aumentada sobre as rías Baixas

· Denuncian que Temu vulnera a lexislación europea

· A Comisión Europea inicia un procedemento formal contra Meta en relación á protección dos menores en Facebook e Instagram

· Balidea busca integrar grandes modelos da linguaxe en contornas sociosanitarias

· Emigración celebra o Día das Letras cun contacontos online para o mundo

· Comeza un novo curso de capacitación dixital no Centro de Emprego dos Rosales da Coruña

· O Banco de Reciclaxe de ESF Galicia na Coruña organiza un obradoiro de soldadura electrónica

· A Cámara de Santiago mostra como tirar proveito das principais ferramentas informáticas

· A Aula TIC Pemes favorece con formación innovadora a inserción laboral dunha decena de persoas

· Red Dead Redemption 2 chega a PlayStation Plus o día 21

· Os smartphones tiveron unha presenza modesta no Google I/O

· A emulación de máquinas retro por fin é doada en dispositivos móbiles de Apple

· Hellblade II chega a semana que vén ao Game Pass

· A Xunta escoita á comunidade educativa para mellorar o proxecto E-Dixgal

· O Concello de Santiago dota os centros socioculturais do rural de 46 computadores

· O computador QMIO ábrese á comunidade científica

· O campamento da Tecnópole mostrará como pilotar con simuladores de voo e como construír drons

· O Sony Xperia 1 VI chegará ao mercado o mes que vén

· O CPEIG concede o Premio Traxectoria Profesional a Olaia Vázquez