empresas
Seresco revoluciona o sector cartográfico con intelixencia artificial
Seresco, compañía tecnolóxica española con marcada presenza en Galicia (onde celebrou recenmente o seu 50 aniversario), informou do remate do proxecto de investigación e desenvolvemento para a mellora dos servizos de produción cartográfica, aplicando técnicas de Intelixencia artificial (IA) sobre imaxes de territorio, aéreas e satelitales de alta resolución. (...)
Ler máisEn xuño Vitae celebra a edición 49 do seu curso de proxectos áxiles con SCRUM
Nos tempos que corren resulta imprescindíbel formarnos e capacitarnos en metodoloxías áxiles de traballo para desenvolver de maneira axeitada o noso traballo tecnolóxico, e tamén para asegurar ao máximo que as empresas requiren os nosos servizos profesionais. Existen moitos camiños diferentes para lograr esta formación teórico-práctica, pero está claro que non (...)
Ler máisNa Rede todo o que precisamos saber sobre BFAero e a nova convocatoria do seu Itinerario de Consolidación
Para quen precise información detallada da nova edición do Itinerario de Consolidación do Business Factory Aero (BFAero), programa galego de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, dicirlle que ten todos os datos dispoñíbeis na web bfaero.eu, onde ademais de achegarse detalles sobre todos e cada un dos elementos que compoñen (...)
Ler máisMobify amplía a súa frota de vehículos
Mobify, un proxecto de carsharing flexible desenvolvido por mozos emprendedores ourensáns, que perseguen ofrecer en calquera momento que se precise un coche para desprazarse, pagando só polo seu uso, presentou a súa nova frota nun acto no que un dos seus fundadores, José Manuel Martínez, asegurou que «se tes móbil, tes coche: en menos de 20 segundos reservas o (...)
Ler máisNunegal, tecnolóxica galega experta en TIC, adquire Saec Data
A empresa coruñesa Nunegal Consulting, experta en servizos TIC, desenvolvemento de software e asesoramento, vén de ampliar e reforzar os seus servizos adquirindo o 100% de Saec Data, pasando a ter un equipo de máis de 300 persoas, con oficinas na Coruña, Barcelona, Bilbao e (...)
Ler máisA galega Improving Metrics, socia dun ambicioso proxecto europeo sobre a Internet das Cousas, Brain-IoT
A firma galega Improving Metrics, con sede na Coruña e centrada en achegar servizos integrais de analítica e de estratexia dixital (servizos para a recollida, procesamento, explotación e análise de datos sobre o comportamento dos usuarios nos ámbitos dixitais), está a participar nun avanzado proxecto europeo para impulsar, en múltiples aspectos da nosa vida (...)
Ler máisSitum pecha con éxito unha rolda de financiamento con Amadeus Ventures
A empresa galega Situm, responsábel da innovadora plataforma do mesmo nome para a localización e navegación en interiores, vén de pechar con éxito unha rolda ponte con Amadeus Ventures, o brazo corporativo de investimentos de Amadeus (empresa referente no ámbito das TIC para a industria mundial da viaxe), unha rolda de investimento na que tamén participan as (...)
Ler máisPintos & Salgado reivindica a transparencia en xigantes como Amazon para protexer os dereitos dos cidadáns
O bufete galego Pintos & Salgado, especializado no ámbito tecnolóxico, compartiu esta semana a súa visión sobre o xigante Amazon e as esixencias das que está a ser obxecto por parte da xustiza europea en materia de transparencia no posicionamento dos seus produtos, unhas reclamacións que chegan despois de ser denegada a suspensión para ser considerada (...)
Ler máisEn maio Vitae ofrécenos a cuarta edición do seu curso de habilidades de comunicación
Vitae Consultores vai organizar en maio a cuarta edición dunha actividade formativa que nos bota unha man á hora de converternos en mellores comunicadores e comunicadoras, tanto a nivel interno (noso equipo, na nosa empresa) como a nivel externo (con colaboradores, partners, socios, clientes, usuarios, provedores, etc). Trátase do curso Habilidades de (...)
Ler máisNovo acordo entre R e APD para axudar ás empresas galegas
Ana Sánchez, Directora da Asociación para o Progreso da Dirección da zona Noroeste e Alfredo Ramos, director de R asinaron esta mañá a renovación do acordo de colaboración entre as dúas entidades na sede do operador galego na Coruña. Con este novo convenio actualízase a confianza e a aposta que xa viñan desenvolvendo empresa e asociación en aras do (...)
Ler máis